Loitas

Secuencia de fotos dunha loita entre dúas galiñas de río, a proximidade do niño con poliños pequenos desencadeou a rifa.

Busardo ratonero

Precioso Miñato común (Buteo buteo) avistado sobrevoando o parque tecnolóxico de Valadares.

Escapada dominical

Engadidas novas fotos feitas nas praias de canido, a fonte e alcabre, preto do museo do mar.

Alca torda na praia de Alcabre

O fin de seman pasado de paseo pola praia de Alcabre en Vigo puiden observar un exemplar de Alca (Alca torda) podedes velo na galeria de aves.

Segue o temporal

Aproveitando o temporal fun ate a praia de Patos para tentar fotografar a fermosura das olas do mar, o resultado tédelo na galería de paisaxes.

O prometido é débeda

Aproveitando este mal tempo que temos comezo a subir algunhas das fotos da miña galería.

Benvida a tod@s

Benvidos  tod@s

Comeza aquí  a miña primeira aventura blogguera, a intención é dar a coñecer esa marabillosa natureza desta nosa terra galega, a través das miñas fotos tentarei  amosar dende aves e insectos ate réptiles e anfibios (que son a miña especialidade) da nosa comarca.

Por suposto tamén tentarei amosar imaxes de lugares fermosos que moitas veces nos pasan desapercibidos.

Resumindo, a intención final é mesturar as dúas miñas debilidades, bechos e fotografía, que non sempre van neste orden, e tratar de contaxiar o meu amor pola natureza a todos aqueles que estean dispostos a compartir e coidar este cachiño de mundo no que vivimos.

Nos próximos días comezarei a subir exemplos de bichería que comparte o noso día a día sen que nos decatemos da súa presenza.

Un saúdo